miércoles, 8 de diciembre de 2010

Cadernos de Estudos Oleirenses

A colección de Editorial TRIFOLIUM denominada Cadernos de Estudos Oleirenses abarca, cun marcado carácter divulgativo, e desde unha perspectiva radicalmente independente, diversos aspectos relacionados coa riqueza que o concello coruñés de Oleiros atesoura dende o punto de vista da súa historia social, económica, cultural e política, centrándose en temas como o seu pasado e historia, agrarismo, movemento asociativo, arquitecturas civil e relixiosa, ou senlleiros persoeiros que no concello de Oleiros naceron, ou onde desenvolveron parte ou a totalidade do seu labor, entre outros.


A colección inscríbese na cultura da investigación, da recuperación, da preservación da memoria. Sen dúbida, ou asi o cremos, un dos nosos máis visibles baleiros colectivos é a escasa memoria histórica; un pobo non pode vivir sen memoria histórica, sen cultivala, sen exercitala. Ningún pobo con boa saúde pode esquecer o seu pasado, tanto próximo como afastado.


Editaronse até o momento estes 12 volúmes:
  • Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936), de Carlos Pereira Martínez
  • Juana de Vega, entre Acevedo y San Pedro de Nós. Vida y obra de una mujer ejemplar, de Manuel Rodríguez Maneiro
  • A loita pola terra nas Mariñas. Das axitacións antiseñoriais á resistencia antiforista, de Mª Jesús Baz Vicente
  • La fabricación de loza fina en la parroquia de Dorneda (1799-1812), de Antonio Meijide Pardo
  • A Ría da Pasaxe nos séculos XVI ao XVIII. A Sociedade, de Ismael Velo Pensado
  • Club Deportivo Obrero: 75 anos de historia, de Óscar Losada Castro
  • A Fábrica de Perillo 1905-2005, de Sabela Figueira Tenreiro
  • O asociacionismo agrario en Oleiros ata a Guerra Civil, de Miguel Cabo Villaverde
  • Por tierras de Galicia (Crónicas de la vida íntima y una conferencia pública al Sindicato Agrícola de Santa Ana de Mera), de Juan Arévalo Vieytes
  • A represión franquista en Oleiros (1936-1950), de Carlos F. Velasco Souto
  • Raíz e soño (Canción de Oleiros) 1976-2008, de Xavier Seoane
  • Os castros de Oleiros, de Beatriz Comendador, Joaquín Ferrer y Santiago Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario