jueves, 20 de enero de 2011

Moncho Valcarce, un símbolo para Galiza

Moncho Valcarce, un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos, publicado na colección Contextos, organízase en dúas partes: a primeira inclúe unha biografía sobre Moncho Valcarce a cargo de Victorino Pérez Prieto, na que se achegan novos datos, amplíanse os coñecidos e se rectifican erros e inexactitudes. Ademais, Pérez Prieto analiza as claves relixiosas, teolóxicas e místicas, eixe da vida de Moncho Valcarce, ao que achega algúns testemuños como a época da comuna de Sésamo e a opinión dos seus veciños. A biografía complétase cunha colaboración conxunta de Ramón Muñiz e Xácome Santos, que estudan as claves políticas do Valcarce nacionalista e galeguista.
Na segunda parte do libro, ademais dos diarios inéditos de mocidade e de Exercicios Espirituais, aporta outros traballos de Moncho Valcarce, como o Diario de Poio, que escribiu en 1974 durante o seu arresto substitutorio nese mosteiro, así como cartas e outros documentos nunca publicados anteriormente.

A ilustración da cuberta é de Xaquín Marín.


No hay comentarios:

Publicar un comentario