jueves, 11 de agosto de 2011

Laurie Lee: Cando partín unha mañá de verán

Editorial Trifolium, dentro da súa colección Fume de leña, ven de sacar do prelo Cando partín unha mañá de verán, de Laurie Lee.


O libro foi traducido directamente do inglés ao galego por Mª Fe González Fernández.


En 1934 Laurie Lee, un xove inglés de provincias, desembarcou en Vigo sin saber unha palabra de español, sen cartos e cun violín baixo o brazo.

Durante máis dun ano percorreu a pé o país gañando a vida co seu violín, até que, ao estoupido da Guerra Civil, que lle sorprendeu na costa de Granada, foi recollido por un barco inglés.

Anos máis tarde Laurie Lee escribiu o relato vivo e apasionante desa viaxe, que nos proporciona, desde un punto de vista singularísimo, un retrato impresionante pola súa inmediatez e vivacidade da España popular dos anos 30 do século pasado nos prolegómenos da Guerra Civil.

A versión inglesa de As I walked out one midsummer morning, editada en 1969, chegou ás doce edicións nos últimos anos.


O Autor

Laurie Lee (1914-1997). Escritor e poeta inglés, nado en Stroud (Gloucestershire). Á idade de 19 anos abandonou o fogar familiar e marchou andando a Londres. Nesa cidade traballou como albanel até 1934, data na que percorreu España a pé subsistindo grazas ao que gañaba co seu violín como músico ambulante.

A súa carreira literaria é coñecida fundamentalmente polos seus textos autobiográficos e de viaxes, publicados en tres volumes: Cider with Rosie (1959), na que evoca a súa infancia; As I walked out one midsummer morning (1969), onde narra a súa viaxe por España, de Vigo a Granada, e A moment of War (1991), centrado na guerra civil española.

Escribiu tamén poesía, a súa verdadeira paixón, deixandonos igualmente algúns relatos breves, ensaios e obras para a radio. Traballou como xornalista e guionista na BBC.



Títulos publicados na colección Fume de leña


El paso por Galicia de dos futuros presidentes de EE.UU.: John Adams y su hijo John Quincy Adams
Emilio González López

Robert Southey desembarca en el puerto coruñés
Carlos Martínez Barbeito

A Coruña nos textos dos viaxeiros. Séculos XVIII, XIX e XX
Xan Arias-Andreu Rodríguez

Ante a Historia Compostelá
Claudio Sánchez Albornoz

Impresións dunha viaxe por Galicia en 1935
Federica Montseny

Cando partín unha mañá de verán
Laurie Lee

No hay comentarios:

Publicar un comentario