Editorial Trifolium ven de publicar en lingua
galega, dentro da súa colección Litterae, o libro de aforismos “Ecos da néboa”,
do que é autor Ricardo Martínez-Conde.
Sinopse
O aforismo é unha incitación á reflexión, “o
punto de vista do poeta reflexivo ou do filósofo poetizado”, matiza Ricardo
Martínez-Conde, autor de “Ecos da néboa”, un libro para abrir por calquera das
súas páxinas na procura sosegada do sentido que se queira dar a observacións
como
As
cifras, sobre todo as do mal, sempre serán revisables á alza
¿Haberá
que reivindicar a ignorancia como modo de aclarar algunha das graves dúbidas?
Ordenar,
contar as follas unha a unha ata conseguir un libro, ata acadar o número de
palabras escollidas que, por unha ou outra causa, non chegamos a pronunciar
O
dia está feito de sol, de cousas que se tocan coa man, de palabras. Iso axuda a
entender, a ordenar, a sentir. Constitúen así a compañía, a paisaxe
Comenta o autor que non é fácil definir que é aforismo: “é como un
oco pequeño de luz –di- que pode iluminar un espacio enorme”.
O libro está prologado por Anxo Tarrío Varela.
Autor
Ricardo Martínez-Conde (Aldariz, 1951), realizou os
estudos de Fisolofía e Letras e de Doutoramento na Universidade Complutense de
Madrid.
Bibliotecario
de profesión, é escritor bilingüe en galego e castelán. Colaborador, como
ensaísta e crítico literario, en prensa (La Voz de Galicia, El País) e revistas
especializadas (Clarín, Revista de Occidente).
Na sua
condición de autor cultiva distintas materias literarias como a Poesía: Lento
esvaece o tempo (Milladoiro, 1990); Los argumentos de la tarde (A.G. 1991); Na terra desluada (Espiral Maior, 2009); De
cuanto nos es dado (Calima, 2006). O seu libro de Haikus Orballo nas camelias (Sotelo Blanco,
1993) pasa por ser o primeiro publicado en literatura galega. De Ensaio
histórico podemos citar Os Símbolos de Galicia (Xunta de
Galicia, 1993) e Quevedo y la monarquía:
un modelo de rey (Endymion, 1996). Ten publicado tamen libros de Aforismos:
Debullar (Galaxia, 1998); Cuentas del tiempo (Pre-textos, 2004) e
un libro de Relato breve La luz en el
cristal (Calima, 2011).
Entre os
premios acadados cómpre salientar o Premio Benasque de Poesía e o Diploma
de Honor no concurso internacional de Relatos Breves "Jorge Luis
Borges". No ano 1997 foille outorgado o Premio "Reimóndez
Portela" de Periodismo.
Datos
Título: Ecos
da néboa
Autor: Ricardo
Martínez-Conde
Colección: Litterae
ISBN:
978-84-938669-8-3
Características: Rústica / 14 x 22 cms
Nº de páxinas: 64
Idioma: Galego
PVP (con IVE): 15,00 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario