domingo, 22 de julio de 2012

Lilus Kikus, de Elena Poniatowska


Editorial Trifolium inaugura unha nova colección, Lunalimón, dedicada ao libro ilustrado, coa publicación do conto Lilus Kikus, do que é autora a escritora mexicana Elena Poniatowska. O libro está ilustrado por Santy Gutiérrez, e traducido ao galego por Teresa Moure.


Sinopse.- Lilus Kikus é como todas as nenas do mundo –en particular, as de antes-, mais non todas as nenas do mundo son como Lilus Kikus.
Lilus é unha nena que fai, e pensa, e di o que todas as nenas penetrantes e inocentes. Porén, cando Lilus se pregunta a quen pertenece unha lagarta que ve todos os días, Lilus está a facer unha pregunta fundamental.
Porque Lilus Kikus é un ser tocado pola gracia de Elena Poniatowska; é un ser moi estraño, moi natural…
Os contos de Lilus Kikus publicáronse orixinalmente en 1954. Este foi o primeiro libro de Elena Poniatowska, quen nos anos seguintes se convertiría nunha das autoras máis notables de México. A presente edición engade ao encanto do relato as excelentes ilustracións realizadas especialmente por Santy Gutiérrez, e a coidada tradución ao galego da escritora Teresa Moure..


Elena Poniatowska.- Naceu en París o 19 de maio de 1932. Emigra ca súa nai e a súa irmá á Ciudad de México en 1941, cidade onde se reunirán co seu pai ao termo da Segunda Guerra Mundial e que ela adoptará como a súa patria. O seu labor como escritora é unha das máis recoñecidas tanto nacional como internacionalmente.

Iniciase no xornalismo interesándose de maneira apaixonada pola literatura testemuñal da vida no México do século XX. O seu traballo abarca o conto infantil, a novela, o relato, a crónica, o ensaio, o teatro, a poesía e entrevistas a grandes personaxes que, desde diversos ámbitos, marcaron o rumbo da historia de América Latina.

Dentro desta amplia gama de xéneros, cómpre salientar en gran parte da súa obra o retrato sociopolítico que fixo de México e do feminino, levantando a voz en máis dunha ocasión pola defensa dos menos privilexiados.

A súa obra abarca máis de 50 títulos publicados. Foi traducida a oito idiomas. Ten prologado máis de 50 títulos e presentado máis de 20 libros fotográficos. Referencia obrigada en máis de 100 títulos a nivel internacional, dictou conferencias en México, Estados Unidos, Latinoamérica e Europa.

Entre os premios acadados cómpre salientar o Premio Mazatlán de Literatura 1971, por Hasta no verte Jesús mío; Premio Nacional de Periodismo de México 1978, polas súas entrevistas; Doutorado Honoris Causa, Universidad Autónoma de Sinaloa, 1979; Doutorado Honoris Causa, Universidad Autónoma del Estado de México, 1980; Premio Manuel Buendía 1987, por méritos relevantes como escritora e xornalista, outorgado por varias universidades; Premio Coatlicue 1990 como muller do ano, outorgado por Debate Feminista y Divas; Premio Mazatlán de Literatura 1992, por Tinísima; Premio Juchimán de Plata 1993 en ciencias e técnicas da comunicación, outorgado pola Fundación Juchimán; Doutorado Honoris Causa, New School of Social Research de Nova York, 1994; Doutorado Honoris Causa, Florida Atlantic University, 1995; Premio Alfaguara de Novela 2001, por La piel del cielo; Doutorado Honoris Causa, Universidad Nacional Autónoma de México, 2001; Doutorado Honoris Causa, Manhattanville College, Nova York, 2001; Premio Nacional de Lingüística e Literatura 2002; Premio María Moors Cabot 2004, outorgado pola Universidad de Columbia; Doutorado Honoris Causa, Universidad Autónoma de Puebla, 2002; Premio Rómulo Gallegos 2007, por El tren pasa primero; Premio Internacional Strachit de Martin, 2008; Premio Nacional da Asociación de Radio Difusores Polonia, 2008; Premio Internacional Fray Domínico Weinzierl, 2009; Premio Agustín Delgado, 2009; Distinción Escritora Galega Universal, outorgada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, 2009; Presea Rosario Castellanos, 2010; Premio Eugenio Galo Espejo Cevallos, 2010; Doutorado Honoris Causa, Universidad de Puerto Rico, 2010; Premio Biblioteca Breve 2011 por Leonora; Mención de Honor e Presea Diego Marcelo Morales Ytalco 2011; Doutorado Honoris Causa, Universidad de París VIII Vincennes-Saint Denis, 2011; Premio Internacional Alberto Spencer Schwiebert Rosalito, 2012.

Santy Gutiérrez.- Profesional do debuxo dende 1993, ven realizando diariamente desde entón miles de viñetas de humor gráfico e caricaturas de prensa para múltiples cabeceiras de ámbito autonómico e nacional, e ilustrando artículos, reportaxes, libros e cómics para revistas e editoriais, asi como debuxos de campañas gráficas e animación para empresas de publicidade e productoras de audiovisual. É membro fundador do estudio Baobab e presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) desde xaneiro de 2.008.

Teresa Moure.-  Escritora en lingua galega, é doutora en Lingüística e exerce a docencia nas Facultades de Filosofía e Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o Premio Lueiro Rey de novela curta en 2004 e o Premio Arzobispo San Clemente pola novela A xeira das árbores, ademáis do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio no mesmo ano por Outro idioma é posible; o Premio Xerais de Novela, Premio Aelg e o Premio da Crítica de narrativa galega por Herba moura e o Premio Rafael Dieste de teatro en 2007 pola súa obra Unha primavera para Aldara.

Datos
Título: Lilus Kikus
Autora: Elena Poniatowska
Colección: Lunalimón
ISBN: 978-84-940297-3-8
Características: Tapa dura / 13 x 20cms
Nº de páxinas: 64
Lingua: Galego
PVP (con IVE): 15,00 €


No hay comentarios:

Publicar un comentario