Editorial Trifolium publica o ensaio Estética e temporalización do Camiño Xacobeo,
unha obra do poeta Antonio Gamoneda, traducida ao galego por Mª Fe González
Fernández.
Tratase dunha obra inédita que ve a luz en
galego, antes que en calquera outra lingoa, por expreso desexo do autor, que
elixiu a colección Musa pedestris, de
Trifolium, para a súa publicación.
O ensaio, relativo á obra de creación de e
verbo do Camiño de Santiago, toca aspectos formais e iconográficos ligados, uns
e outros, á arquitectura, á escultura, á pintura e á escrita en función
estética. Ocúpase de presenzas que o autor entende xacobeas e que só
excepcionalmente son consideradas como tal, partindo de razoables sospeitas que
lle proporciona a sensibilidade ante determinadas formas artísticas, incluídas
as literarias, e de certos textos historificadores. Tamén, dende a extrañeza
motivada polo baleirado de consideracións (consideracións que, polo menos
puidesen ser interrogativas) relacionables con tempos que, por exprésalo dalgún
xeito, considera o autor previos á “institucionalización” do Camiño.
O Autor
Antonio
Gamoneda naceu en Oviedo en
1931. A súa obra, dunha forza excepcional, é recoñecida como unha das grandes
voces da poesía española actual. Dende neno reside en León, cidade onde ten
desenvolvido un amplio labor cultural. A súa infancia está marcada por unha
vivencia da pobreza, a represión e a morte, que vai ser recorrente en toda a
súa poesía. Tras unha brevísima e limitada aprendizaxe académica, traballa como
recadeiro no Banco Mercantil de León; foi funcionario da Deputación e xerente
da Fundación Sierra-Pampley, entidade nacida baixo a tutela de Francisco Giner
de los Ríos, Gumersindo de Azcárate e Manuel Bartolomé Cossío.
Neste período xorden os seus primeiros
poemarios: La tierra y los labios (1947-1953), Sublevación inmóvil (1960), Exentos
I (1959-1960), Blues castellano
(1961-1966) e Exentos II (1963-1970).
Descripción
de la memoria
(1977) marca un xiro cara á súa madurez poética, para publicar posteriormente Lápidas (1987), Edad (1987) e Libro del frío
(1992), que o consagra como un dos poetas máis importantes do panorama
literario español. Outras obras importantes son Arden las pérdidas (2003), Cecilia
(2004) e Esta luz: poesía reunida 1947-2004 (2004).
Foi Premio Castilla y León de las Letras
(1985), Premio Nacional de Poesía (1988), Premio de Cultura de la Comunidad de
Madrid. Literatura (2004), Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana (2006) e
Premio Cervantes (2006).
Ficha técnica
Título: Estética e
temporalización do Camiño Xacobeo
Autor: Antonio Gamoneda
Tradución: Mª Fe González
Fernández
ISBN: 978-84-940297-4-5
Páxs.: 88
PVP: 12,00 €
Títulos publicados
na colección Musa Pedestris
A José
Luis L. Aranguren: O ocio e a diversión na cidade
B Felipe Alaiz: Arte de escribir sen arte
C Bertrand
Russell: Eloxio da ociosidade
D
Noam Chomsky e Michel Foucault: A
natureza humana: xustiza versus poder
E Paul
Lafargue: O dereito á preguiza
F Bertrand Russell: Por que non son cristián
G Marcel Proust: Sobre a lectura seguido de Días
de lectura
H
José Luis Sampedro: O mercado e a
globalización
I Robert L. Stevenson : Apoloxía dos ociosos
L
Federico Mayor Zaragoza: Delito de
silencio
M
Jonathan Swift: Unha humilde
proposta
N
Antonio Gamoneda: Estética e
temporalización do Camiño Xacobeo
No hay comentarios:
Publicar un comentario