Unha importante misión diplomática, xestionar a paz con Inglaterra para a independencia das colonias norteamericanas, fixo posíble a casual arribada a Galicia de dous destacados personaxes, pai e fillo: John Adams e John Quincy Adams, homes e nomes que pasarían á historia por chegar a ser ambos os dous, tempo despois, presidentes dos Estados Unidos de América.
O pai, John Adams, un dos autores da Declaración de Independencia, sería o segundo presidente da xove nación, de 1797 a 1801, ao substituir no cargo a George Washington. O seu fillo, John Quincy Adams, o sexto, de 1825 a 1829.
Para levar a cabo tan delicada misión, John Adams subiu a bordo da fragata francesa Sensible en Boston o 13 de novembro de 1799, dirixindose a Francia como embaixador extraordinario dos Estados Unidos en Europa, na compaña de dous secretarios e dos seus fillos John Quincy, de doce años, e Charles, de nove. Mais unha avería de auga na embarcación variarían os plans dos viaxeiros, que se viron obrigados a bordear as costas de Fisterra, para amarrar no porto de Ferrol o 8 de decembro de 1799.
Ante a imposibilidade de solventar nun espacio curto de tempo a avería que afectaba á embarcación francesa, John Adams e os seus acompañantes vironse obrigados a realizar o traxecto por terra, permanecendo en Galicia ata o 31 de decembro.
Ademais de político, o espíritu viaxeiro de John Adams, home da Ilustración dunha nova nación, lle fixo sentir especial curiosidade pola natureza da terra galega que foi descubrindo, recollendo no seu Diario, e posteriormente na súa Autobiografía, aspectos característicos do país, como a apariencia física e vestimenta dos seus habitantes, costumes, comidas, ou detalles pormenorizados relativos ao funcionamento de certas institucións ou sobre o desenvolvemento económico do comercio e a industria.
É autor do libro, publicado na colección Fume de leña, o ilustre historiador e político Emilio González López.
No hay comentarios:
Publicar un comentario