Un dos máis grandes poetas galegos de hoxe, Xavier Seoane, ofrece os seus poemas neste volume XI da colección Cadernos de Estudos Oleirenses a Oleiros, pois é en Oleiros onde o poeta, ademais de vivir longos períodos, gozou moitos dos momentos e experiencias máis felices da súa vida... En Oleiros escribiu unha gran parte da súa obra e, en Oleiros, lle gustaría descansar, e así o constata, espido de equipaxe, cando chegue a hora desa viaxe que tan ben soupo formular aquel gran poeta que foi don Antonio Machado.
Descansar, sí, pero como diría outro gran escritor, José Lezama Lima, "a todo sobrevivín, e sobrevivirei tamén á morte, porque o poeta crea a súa resurrección".
No hay comentarios:
Publicar un comentario