viernes, 10 de diciembre de 2010

Don Ramón María del Valle-Inclán

Na colección Contextos  publicamos a biografía de Don Ramón María del Valle-Inclán, de Ramón Gómez de la Serna, en tradución directa do castelán ao galego a cargo de Mª Fe González e Armando Requeixo.

Supon esta biografía a guía íntima da vida e os segredos personais da alma de Don Ramón María del Valle-Inclán. Gómez de la Serna chegou nesta obra ao logro dramático e expresivo do cadro dunha vida difícil e máxica, conseguindo que don Ramón del Valle-Inclán pose, como en unha película, rufo e apostólico, revelando toda a súa vida por orde de andanzas, éxtasis e calvarios.



Ramón Gómez de la Serna (Madrid, 1888-Buenos Aires, 1963). Escritor español. Licenciado en Dereito pola Universidade de Oviedo, consagrou a súa vida exclusivamente á actividade literaria, amosandose como un escritor fecundo e pioneiro dun tipo de literatura que, dentro da máis pura vangarda, se erixe como unha construcción persoal de gran orixinalidade.

As súas primeiras obras desvelan unha actitude crítica e innovadora fronte o panorama literario español dominado polos noventayochistas, e coinciden coa dirección, asumida dende 1908, da revista Prometeo, receptora e difusora dos primeiros manifestos vangardistas en España, dos que foi o seu primeiro e incondicional defensor e impulsor. Animador indiscutible da vida literaria madrileña, en 1914 creou unha das tertulias máis frecuentadas e famosas con que contou Madrid, a do Café Pombo.

A súa  particular visión da literatura, concebida dentro dos presupostos da arte pola arte, sen ningún intento de reflexión ideolóxica, deu lugar a un xénero inventado por él, as greguerías, definidas polo seu autor como «metáfora máis humor». Consisten en frases breves, de tipo aforístico, que non pretenden expresar ningunha máxima ou verdade, senon que retratan dende un ángulo insólito realidades cotidianas con retranca e humor, a base de expresións inxeniosas, alteracións de frases feitas e xogos conceptuais ou fonéticos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario