Editorial Trifolium, dentro da súa colección Musa pedestris, vén de publicar o ensaio Delito de silencio, de Federico Mayor Zaragoza. A tradución do castelán ao galego é de Begoña Combo Castro.
Chegou o momento de actuares, de proclamares con firmeza que a Humanidade non vai seguir a padecer os despropósitos deste mundo fundamentado na opresión e na crise recorrente.
Ben sexa secretamente reunidos en Bilderberg ou a cara descuberta en Davos, os patriarcas financeiros seguen a impoñer a súa ditadura económica e dítanlles a Parlamentos cada vez máis impotentes como e cando suprimir os Dereitos Humanos e Sociais da cidadanía. Os mesmos que bendicen ditadores e paraísos fiscais a prol da súa estabilidade, e que temen os cidadáns responsabeis e soberanos do seu destino.
Mediante esta publicación coas súas reflexións recentes, Federico Mayor Zaragoza (Director Xeral da UNESCO entre 1987 e 1999) exhórtanos a implicarnos, reconstituírnos democraticamente e converternos de súbditos a cidadáns plenos; de silenciosos a participativos; de espectadores a actores. O que hoxe acontence nos países árabes demóstranos que o futuro non está escrito e que a libre circulación de información xogará un papel determinante.
A mordaza xa non serve contra as novas tecnoloxías de comunicación. Cando mesmo os silenciados conseguen cambiar o seu porvir coa forza das palabras, a postura do silencioso vólvese cómplice do pasado, asfixiante, indigna.
Un novo mundo á altura da dignidade humana podería, por fin, construírse nos albores do século XXI.
O Autor
Federico Mayor Zaragoza naceu en Barcelona en 1934. É Doutor en Farmacia e Catedrático de Bioquímica. Foi reitor da Universidade de Granada e cofundador do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa. Tamén desenvolveu responsabilidades políticas, sendo Deputado no Parlamento español da transición (1977-78), Ministro de Educación e Ciencia (1981-82) e Deputado no Parlamento europeo (1987). Aínda que sen dúbida é máis coñecido pola súa longa dedicación como Director Xeral da UNESCO (1987-1999), organismo das Nacións Unidas para a promoción da ciencia, a educación e a cultura. Tras o seu regreso a España creou no ano 2000 a Fundación Cultura de Paz, que preside actualmente.
Ademais de numerosas publicacións científicas, Federico Mayor Zaragoza publicou varios libros de ensaio: Mañana siempre es tarde (1987), La nueva página (1994), Memoria del futuro (1994), La paix demain? (1995), Science and Power (1995), UNESCO: un idéal en action (1996), Un mundo nuevo (1996), Los nudos gordianos (1999), La palabra y la espada (2002), La fuerza de la palabra (2005), Un diálogo ibérico: en el marco europeo y mundial (2006), Tiempo de acción (2008)... Tamén publicou sete poemarios: A contraviento (1985), Aguafuertes (1991), El fuego y la esperanza (1996), Terral (1997), Voz de vida, voz debida (2007), Alzaré mi voz (2007) e En pie de paz (2008).
Datos
Título: Delito de silencio
Autor: Federico Mayor Zaragoza
Tradución: Begoña Combo Castro
ISBN: 978-84-938669-7-6
Páxs.: 74
PVP: 10,00 €
Títulos publicados na colección Musa Pedestris
A José Luis L. Aranguren: O ocio e a diversión na cidade
B Felipe Alaiz: Arte de escribir sen arte
C Bertrand Russell: Eloxio da ociosidade
D N. Chomsky e M. Foucault: A natureza humana: xustiza versus poder
E Paul Lafargue: O dereito á preguiza
F Bertrand Russell: Por que non son cristián
G Marcel Proust: Sobre a lectura seguido de Días de lectura
H José Luis Sampedro: O mercado e a globalización
I Robert L. Stevenson : Apoloxía dos ociosos
L Federico Mayor Zaragoza: Delito de silencio
No hay comentarios:
Publicar un comentario