sábado, 11 de diciembre de 2010

Felipe Alaiz: Arte de escribir sen arte

Arte de escribir sen arte é un ensaio sobre o estilo, un alegato contra o estilo ornamental das obras enchidas de preciosismo, e en favor dunha arte exenta de impostacións que sexa  sesgada manifestación da personalidade de quen a executa.

Acóllese o autor á verdade do gran Buffon: “O estilo é o home”, di, á vez que considera que non é o home quen ha de falar coma un libro aberto, senón que o libro aberto ha de falar coma un home.

O traballo de Felipe Alaiz foi publicado orixinalmente en Toulouse, en 1946, pola Editorial do Frente Ibérico de Juventudes Libertarias.

Esta edición, inscrita na colección Musa pedestris, foi traducida ao galego por Enrique Sánchez Rodríguez.



Felipe Alaiz (1887-1959), colaborador, cando non director, das máis importantes publicacións do movemento libertario español, sufriu polos seus artigos innumerábeis multas, encarceramentos e persecucións, até o seu exilio, no que viviu os derradeiros vinte anos.

A súa auténtica vocación foi o xornalismo, até o punto de considerar a súa práctica suficiente para encher unha vida activa.

Colaborou no Diario de Huesca, Heraldo de Aragón, Voluntad, Tierra Aragonesa –que dirixiu- El Sol e la Revista de Aragón, fundada polo propio Alaiz.

Unha vez consolidada a súa filiación libertaria, a súa firma aparecerá en moitas publicacións da prensa obreira: España Nueva, Crisol, La Batalla, El Luchador, Ruta, Cénit, La Revista Blanca… dirixindo en diferentes etapas Tierra y Libertad –órgano da FAI- e Solidaridad Obrera.

Até a súa morte, acaecida en París o 8 de abril de 1959, permaneceu enteiramente fiel á causa libertaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario